martes, 28 de marzo de 2017

HORA DE LER, PROBANDO, PROBANDO...

Probando distintos escenarios, probando diferentes posicións,
probando a disfrutar dunha boa lectura...













domingo, 26 de marzo de 2017

A verdade é que non puidemos escoller mellor. 
Estas son as lecturas elixidas para o noso itinerario lector. 
Lecturas que compartimos cada día durante á Hora de Ler.
"A lagoa das nenas mudas" de FINA CASALDERREY e 
"Mil cousas poden pasar" de JACOBO FERNÁNDEZ. 
Dous marabillosos relatos dos que quedamos prendados.
Ao finalizar as lecturas, teremos a sorte de contar coas visitas destes dous pedazo de escritores. 
Estamos impacientes!!

  Resultado de imagen de A LAGOA DAS NENAS MUDAS          Resultado de imagen de mil cousas poden pasar                                                    

domingo, 19 de marzo de 2017

FELIZ DÍA PAPÁS

Os vosos fillos-as puxeron todo o seu entusiasmo en prepararvos estes magníficos agasallos que estamos seguros vos van a encantar:
Un tres en raia e unha tarxeta con camisa e corbata de origami (non perdemos nunca o fío co proxecto) personalizadas por eles mesmos ao "voso gusto".







jueves, 9 de marzo de 2017

IMOS DE CONCERTO

Hoxe fomos ao Conservatorio Superior de Música de Vigo a un concerto didáctico.
De título "Heroes e Villanos" tivo aos nosos rapaces engaiolados toda a sesión, con música de fantásticas bandas sonoras de cine.
Compartimos a xornada cos mellores: os nosos compañeiros de 6º.
Grazas ás profes Belén e Emma por acompañarnos neste día, foi xenial!
Como o tempo non podía ser mellor quedamos merendar e xogar un ratiño no Parque de O Castro.





















  Tano, o can da profe Belén nos deu unha visita sorpresa. 
Foi o protagonista indiscutible!