Queridiños e queridiñas,
Nais, pais, irmás, irmáns, avoas, avós, ... e demáis familia.
E a tod@s @s que vos acheguedes ata aquí, para presenciar o espectáculo
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo Moi bo día queridiños e queridiñas, moi bo día familias! Chegou o gran día, o día do noso Festival de Fin de Curso! Supoño que estades emocionados coa chegada das tan desexadas pero tamén merecidas vacacións de verán. Seguro que xa vistes os boletíns. Que ben o fixestes! Desta volta despedir o curso non vai ser o mesmo, xa leva moito tempo sen ser o mesmo. Estamos a vivir un momento histórico e aínda así, puxestes todas as vosas enerxías en facelo o mellor posible. O camiño ata aquí non foi nada doado, pero o conseguistes. Quero agradecervos o voso traballo durante todo este tempo, a ilusión que contaxiades por seguir descubrindo o mundo, e o compromiso que mantedes coa vosa aprendizaxe. Ademáis quero felicitarvos por ese cariño e respeto que tedes entre vós e que vos fai ser un grupo tan especial, un verdadeiro Equipo. Seguide así, non cambiedes nunca.
A vós, pais, nais e incluso algúns avós e avoas, quero agradecervos a implicación, dedicación e colaboración coa que tiven, sempre, a sorte de contar. É incrible como reinventastes os vosos fogares para facer que todo esto fose posible, a escola na casa. A través das xanelas virtuais e dos teléfonos, sentinme moi ben recibida nos vosos fogares e podo dicir que teño un pedaciño de cada un/unha de vós, aquí, na miña casa. Faltan as palabras e sobran as palabras, para dicir o que sería tan fácil de expresar cunha aperta. Espero que poidades sentir a miña, ben forte, para tod@s vós.
E agora imos coa planificación para hoxe:
Ás 11:00h, en directo, terá lugar, aquí mesmo, a estrea do noso Festival de Fin de curso. Así que lembrade visitar o blogue a esa hora. Se as novas tecnoloxías non nos poñen trabas, estaremos a disfrutalo xunt@s na distancia. Que impaciencia!
Ao remate da nosa función, a Profe María José e os seus nen@s convídannos visitar o seu blogue de 1º para disfrutar do seu tamén, espectacular, Festival de Fin de Curso
Ás 13:00h, tal como acordamos, vémonos na videoconferencia para comentalo festival e para unha despedida de ATA PRONTO. Unha aperta enoooooooooorme e moitos biquiños
Bo día queridiños e queridiñas,
Hoxe quero felicitarvos a vós e ás vosas familias por conseguir chegar ata aquí.
Foi longo e duro, pero xa o conseguimos.
Estou moi orgullosa de vós e non podería ter mellores compañeiros, nesta viaxe.
Podedes continuar coa proposta que vos fixen onte, para estes dous días.
Noa e Luís comparten connosco estes dous vídeos de animación á lectura.
E mirade con que fermosos carteis nos invitan a ler Sergio G e Leire.
Eu xa teño unhas lecturas en mente para o verán. E vós?.
Un par de recordatorios:
- Mañá venres 19 de xuño, teredes acceso aos boletíns, a través de abalarMóbil, partir das 9:00h
- Tamén. mañá venres 19 de xuño, remata o prazo de solicitudes para o fondo libros e material escolar.
Só me queda desexarvos que teñades un día marabilloso. Mañá festa!!!
Biquiños e apertas
Bo día queridiños e queridiñas,
Cómo estades? Agardo que sigades ben.
Xa non queda nada de nada. Xa estamos ahí, case rozando as vacacións.
Hoxe gustaríame encargarvos unha misión importante. Podedes levala a cabo, entre hoxe e mañá. É importante que reflexionedes ben as respostas. Cliquea na imaxe para acceder á proposta.
Se precisades calquera cousa, xa sabedes que estou ao outro lado do teléfono e das xanelas virtuais.
Disfrutade moitísimo deste día. Apertas e bicos para vós e as vosas familias.
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo Moi bo día artistiñas, Como estades? Agardo que sigades todos ben. Onte pasei un tempo moi divertido con vós, pero tamén foi moi emotivo. Non esquezades que aínda temos catro días para disfrutar xuntos, desta recta final do curso. Cliqueade na seguinte imaxe para acceder ao documento interactivo, coas propostas para hoxe.
Desexo que teñades un martes súper emocionante. Biquiños e apertas
Benvid@s á incrible semana de fin de curso!! Agardo que tiverades unha marabillosa fin de semana, repleta de cousiñas boas e momentos bonitos. Comezamos a última semana do curso. Un curso que remata da forma máis extraña e complexa que levamos vivido. Aínda así, queridiños e queridiñas, non podería ter mellor compañía ca vosa, nesta aventura que comezou hai xa 1 ano, 9 meses e 3 días.
Aproveito que este é o momento perfecto para desexarvos a vós e ás vosas familias, con moita forza e moito ánimo, que pasedes unha gran semana.
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo Bo día e moi feliz venres, queridiños e queridiñas. Xa por fin chegou a fin de semana, xa por fin nunha semana estades de vacacións... Si, bonitiños, o merecidísimo descanso está á volta dunha semana. Depois de todo o esforzo e compromiso pola vosa parte e pola das vosas familias, só me queda agrader, unha vez máis, que fixerades posible todo o traballo que levamos feito. Formamos un grande equipo. Estamos xuntos na distancia!
As propostas para hoxe son as seguintes: 1. Revisamos se temos algunha tarefa pendente de realizar ou de rematar. 2. Se tedes todo rematado, non esquezades preparar e enviar os vídeos que quedan pendentes para o festival e os vosos retallos para a colcha da amizade. 3. Se non tes nada pendiente de rematar e/ou entregar, disfruta dos últimos capítulos de "La Magia máis poderosa". Pasade unha fin de semana marabillosa, disfrutando moito dos que máis vos queren. Eu sigo aquí, ao outro lado do teléfono e das xanelas virtuais, por se precisades calquera cousiña. Moitos bicos e apertas